Español    English
 


Situada no noroeste español, lindante con Portugal na marxe dereita do río Miño, municipio de Arbo (Pontevedra), atópase ubicada a finca "A Moreira", no medio dunha paisaxe diversa de rara beleza. O concepto de Château no podería encontrar unha imaxe máis típicamente galega. Cunha extensión de 380.000 m2. Nesta explotación familiar cultívanse os viñedos das Adegas Marqués de Vizhoja. Non podía ser doutra xeito, pois esta zona é considerada unánimemente como excelente para a produción da uva Albariño, a causa do seu peculiar microclima, que a protexe das xeadas, os ventos e as temperaturas extremas.
A finca atópase en terras do Condado de Tea, unha das catro subzonas da denominación Rias Baixas xunto co Salnés, o Rosal e a recente incorporada Soutomaior. Os viñedos do condado aséntanse no interior, de costas ao mar. Nesta orografía máis montañosa, marcada polas profundas gorxas do Río Miño, as cepas ocupan pequenas ringleiras a modo de estreitos camiños escalonados; son como figuras xeométricas de contornos triangulares e rectangulares que se van intercalando colina abaixo modulando as ondulacións do terreo.
Dado o seu microclima e feitas as correcións que o solo precisa, a uva non ten problemas de aireación, soleado o exceso de humidade, chegando fácilmente ao grao de madurez necesaria, que sumado ao coidado extremo a cada paso do proceso de elaboración, da como resultado unha excelente produción de calidade.