Español    English
 

A empresa

Instalacións

Elaboración

Auténticos viños de autor e estandartes dos típicos albariños da zona, que xurden da sensibilidade artística e etnolóxica, da filosofía que impregna a actividade de Mariano Peláez trasmitida aos seus fillos.

A aplicación da máis moderna tecnoloxía neste proceso pasa por un transporte da uva de forma característica, para impedir que os graos se rompan e produzan fermentacións incontroladas e a acetificación do mosto. Combínase o mosto extraído de parte da vendima con outra porcentaxe que se macera xunto co hollexo durante 24 horas, o que ven a ser como unha semi-maceración en frío, que toma por un lado o forte carácter da variedade depositada na pel da uva e, por outro, os aromas máis afroitados e delicados do mosto virxe.