Español    English
 

A empresa

Instalacións

Elaboración

A tradición vinícola reafírmase na antigua adega do Pazo A Moreira, convertida en museo que rinde honores á elaboración ancestral do viño. Entre os seus grosos muros de pedra, onde non falta un lugar para o augardente, pódense ver algúns bocois centenarios de diversas formas e tamaños (incluída a silueta alongada dunha barrica de estilo xermánico), o conducto polo que chegaba o mosto e ata unha cheminea que axudaba a combatir o frío e facilitar a fermentación. Destas técnicas rudimentarias, aos depósitos de aceiro inoxidable, o salto foi enorme; o proceso modernizouse, pero o xeioto de facer viño non variou moito en tres séculos como para anular a débeda con esas oríxes artesáns.

O porte maxestuoso da pedra trasládase á segunda Adega de Marqués de Vizhoja, para a que se habilitou un antigo secadeiro de tabaco, que mantén no teito a estrutura de madera orixinaria. Ainda que pareza un lugar atípico para o viño, a orixinalidade da planta rectangular que obligou a adecuar a disposición dos tanques ao estreito espacio dispoñible, ofrece unha imaxe curiosa e diferente. As ventás primitivas que facilitaban a aireación das follas de tabaco, tapiáronse para que nada perturbe a elaboración do viño neste conxunto tan peculiar que pon, como nun escaparate no que se exhibe de todo, a pedra e a madeira xunto aos 26 depósitos de acero inoxidable que posúe a adega.